sábado, 1 de enero de 2011

Probando fondeos

Despois da visita a Florida toca aplicar o que alí aprendemos á nosa maragota. A idea é ver se conseguimos identificar patróns comportamentais mediante telemetría acústica. Para iso vamos necesitar fondear receptores na Ría. ¿Pero cómo?. Á hora de seleccionar unha zona de traballo o mais importante é asegurarse de que alí viven as maragotas que queremos estudiar. Afortunadamente, a maragota é un peixe bastante frecuente. Pero hai outros factores que temos que ter en conta. Os receptores van estar no fondo do mar por un período de tempo de moitos meses, e hai que deixalos de forma que o temporal no rebente todo e perdamos os equipos, e tendo en conta que non hai unha esquina da Ría que quede sen largar aparellos nalgún momento do ano. Ademáis, temos que confiar na boa vontade de un eventual buceador que os poida localizar...
Estes días estamos a probar varios sistemas de fondeo e anclaxe dos receptores no fondo do mar. Por un lado usamos mortos de hormigón, e por outro uns anclaxes que se atornillan literalmente na area, como unha "alcayata". A ámbolos dous sistemas acoplámoslle un cilindro metálico onde encaixa perfectamente o receptor.
Agora mesmo temos varias unidades no fondo de mar para ver a resistencia de ambos sistemas, cruzamos os dedos...
Gonzalo revisando un fondeo de bloque de hormigón


Anclaxe de rosca "americano"

No hay comentarios:

Publicar un comentario