viernes, 25 de marzo de 2011

Traballo submarino


Esta maragota é un macho, sabémolo porque xa pasou polas nosas mans, como demostra a marca blanca que leva na zona dorsal. Leva varias semanas dedicado exclusivamente a cuidar os ovos que as fémias poñen nas pedras que el domina, un comportamento compartido por moitas outras especies da mesma familia como os serráns. Este peixe, e outros, son os causantes de que nos últimos dous meses pasáramos mais de 40 horas debaixo do mar, observando e marcando estes pintos e maragotas e sen perder detalle dos ovos que coidan, como os da foto, neste caso depositados cuidadosamente sobre unha Ulva.

Para o traballo submarino é indispensable que o mar estea practicable, o que non sucede durante gran parte da época reproductiva desta especie, polo que cada día bo hai que aproveitalo. Este é o aspecto que ten un dos sitios que frecuentamos nun día típico de temporal de inverno, como os do pasado febreiro...


video

martes, 22 de marzo de 2011

Mais recapturas

Queremos agradecer a todos os mariñeiros que nos están a avisar das recapturas de maragota que apareceron nas últimas semanas. En concreto, a semana pasada recuperamos 3 peixes, un deles marcado hai 6 meses. En breve comenzaremos a nova campaña de marcado de maragota, que durará ata que o bo tempo o permita. Pretendemos marcar 800 peixes en varias zonas da Ría, tanto na parte mais externa como en zonas interiores.
Este é o aspecto dun dos peixes marcados por nos debaixo da auga:

video