jueves, 11 de noviembre de 2010

Cerrando o ciclo


Cande remate este mes, cumpliremos o primeiro ano de mostraxe de abadexo e maragota en lonxa. Foi dificil poñer a funcionar toda a loxística e funcionamento de un programa tan intenso como o noso, pero podemos decir que cumplimos os obxetivos do primeiro ano. En total cando remate este mes teremos procesado mais de 1000 maragotas e pintos e 800 abadexos, dos cales conservamos parte de musculo, figado, gónada, tubo dixestivo e otolitos.
Este traballo está a implicar non so o noso personal técnico e científico (¡gracias a todos!), se non tamén a moitas persoas alleas ó noso mundillo que se voltaron xa imprescindibles para o éxito de Artevigo. Son sobre todo os traballadores de Mar do Morrazo SCG, en especial Ana, que están sempre pendentes de separar o noso peixe e avisar os mariñeiros de que non nos limpen os corbelos no mar!. E tamén o persoal da lonxa de Baiona, en especial a Guillermo, outra peza clave para que tódolos meses podamos ter abadexos recién pescados na nosa sala húmida. E por suposto, á tripulación do Pepe Número Cuatro, sempre pendentes de nós.
Con este ano de traballo, temos perfilado o ciclo reproductor e enerxético de estas dúas especies, pero sen dúvida un segundo ano de mostraxes confirmará e dara solidez ós nosos resultados.
Seguiremos informando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario