martes, 11 de diciembre de 2012

Proxecto concluido

O proxecto Artevigo rematou oficialmente o pasado 1 de Decembro. Nestes momentos estanse escribiendo os últimos resultados, que serán públicos a medida que sexan aceptados en revistas internacionais. Para calquera consulta: villegas@iim.csic.es


jueves, 22 de noviembre de 2012

Entrega do premio

Onte fixemos entrega do vale de 300 euros a Gerardo Pesqueira García, pescador xubilado agraciado no sorteo.¡ Noraboa!

viernes, 9 de noviembre de 2012

Segundo sorteo de 300 euros

Mañán sábado vaise sortear o segundo e último vale de 300 euros para gastar en Efectos Navales Jesús Betanzos, entre todos os pescadores que nos devolveron algún pinto ou maragota marcada. O último numero da Loteria Nacional de mañán sábado decidirá para que vai o vale. As terminacións de cada pescador son:


Gonzalo Durán:            1
Fco. José Pérez Rivas: 2
Sergio Iglesias:             3, 4, 5, 6
Gerardo:                      7
Edmundo Cabral:         8
Alberto Menduiña:       9

Sorte a todos.

viernes, 23 de diciembre de 2011

Resumo 2011

Agora que acaba o ano deixamos aquí algunhas cifras do proxecto para 2011:
- Fixemos muestreo de 704 pintos e maragotas procedentes das lonxas de Vigo e Bueu, que sumadas as de 2010 fan un total de 1630.(Gracias Alberto e Mar_do_Morrazo)
- Conseguimos marcar 641 peixes na Ría de Vigo, en 7 saídas de pesca, cunha media de mais de 90 peixes por día. (Gracias Fernando)
- Obtivemos 15 recapturas, 4 de pinto e 11 de maragota. (Gracias a todos os mariñeiros)
- Incorporamos emisor acústico a 26 individuos en Cíes, que están sendo monitorizados por 12 receptores.(Gracias Jose)
- Acumulamos neses receptores mais de 9,000,000 de datos.
- En total, fixemos 53 inmersións en 28 saídas, o que suman unhas 70 horas debaixo do mar marcando, observando, filmando, fotografiando ou collendo ovos de pintos e maragotas.(Mais gracias, Jose)
- Consumimos unhas 160 cargas de 15 L de osíxeno a 230 bares, é decir, respiramos uns 500,000 litros de aire a presión atmosférica.
- Procesamos perto de 1200 mostras histolóxicas, que foron observadas no microscopio unha media de 3 veces cada unha. (Gracias chicas)
- Conseguirmos estimar a idade de 630 exemplares lendo os otolitos na lupa (Gracias Mariña)
- Liofilizamos mostras de 4 texidos para un total de 180 individuos seleccionados.
- Queimamos 665 mostras no calorímetro para obter o contenido enerxético.
- Separamos a man uns 20000 ovos hidratados de maragota para calcular a fecundidade parcial de 48 individuos.
- E aprendemos a sacar sangue para analizar o contenido hormonal no plasma de 60 individuos, cuns resultados ben satisfactorios.

2012 promete ser un ano de resultados e conclusións...

¡Feliz Ano do equipo de Artevigo!

jueves, 10 de noviembre de 2011

Oxitetraciclina

Otoito de Labrus bergylta cunha marca de OTC

Un dos obxetivos de Artevigo e describir o crecemento dos pintos e maragotas, saber que idade alcanzan e a que ritmo medran. Para iso axudámonos dos otolitos, uns pequenos osos na cabeza dos peixes. Os otolitos medran formando anéis como os das árbores, polo que se pode calcular con eles a idade dos organismos.
Para validar a que corresponde cada anel, usamos oxitetraciclina, un antibiótico marcador fluorescente que inxectamos nos peixes e que se incorpora a tódalas estructuras óseas pasadas unhas horas. Nos marcamos os peixes en febreiro do ano pasado, e novamente esta semana. En febreiro 2012 sacrificaremos os peixes e comprobaremos que entre dous anéis de crecemento hai dúas marcas fluorescentes, confirmando que cada anel corresponde a un ano de crecemento; o que nos permitirá validar e confirmar as idades asignadas os peixes que muestreamos cada mes nas lonxas, e que sobrepasan os 22 anos de vida.

Aquí un pequeno video-resumo do traballo e resultados.

jueves, 20 de octubre de 2011

¡¡Nova recaptura!!


Este vez no canal de entrada a Baiona. Gracias Gonzalo (patrón do Mar Novo de Panxón)!!!
Trátase de un peixe pequeno, pero que se moveu considerablemente mais que o resto.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Entrega dos 300 euros


Hoxe fíxose entrega do premio de 300 euros a Jose Manuel Lagoa Barral, patrón do buque Airesiña de Cangas, que recapturou unha maragota de 36 cm na cara oeste de Cíes. Agradecemos a colaboración de Efectos Navales Jesús Betanzos e do resto de pescadores que nos devolveron algun peixe marcado. O próximo verán organizaremos un novo sorteo para todas as recapturas dos próximos 12 meses.