jueves, 10 de noviembre de 2011

Oxitetraciclina

Otoito de Labrus bergylta cunha marca de OTC

Un dos obxetivos de Artevigo e describir o crecemento dos pintos e maragotas, saber que idade alcanzan e a que ritmo medran. Para iso axudámonos dos otolitos, uns pequenos osos na cabeza dos peixes. Os otolitos medran formando anéis como os das árbores, polo que se pode calcular con eles a idade dos organismos.
Para validar a que corresponde cada anel, usamos oxitetraciclina, un antibiótico marcador fluorescente que inxectamos nos peixes e que se incorpora a tódalas estructuras óseas pasadas unhas horas. Nos marcamos os peixes en febreiro do ano pasado, e novamente esta semana. En febreiro 2012 sacrificaremos os peixes e comprobaremos que entre dous anéis de crecemento hai dúas marcas fluorescentes, confirmando que cada anel corresponde a un ano de crecemento; o que nos permitirá validar e confirmar as idades asignadas os peixes que muestreamos cada mes nas lonxas, e que sobrepasan os 22 anos de vida.

Aquí un pequeno video-resumo do traballo e resultados.

video