sábado, 9 de julio de 2011

Retoques no experimento de telemetría

A análise preliminar de datos recomedou facer un pequeno reaxuste nas posicións dos receptores. Estas dúas últimas semana fomos a retiralos e poñelos nas novas ubicacións.
Nun día conseguimos recuperar todos os receptores cos seus soportes correspondentes, gracias ó noso compañeiro Alex "Peli" que os atopou e señalizou en apnea facendo mais de 60 picadas ó redor dos 15 metros. Logo, buceadores con botella baixaron para desenrosar os anclaxes do fondo. Os receptores estaban en perfecto estado, non así os anclaxes que tiveron que ser limpados e aplicóuselle unha man de patente para este segundo fondeo. A recolocación foi algo mais custosa e levonos dous días, porque moitas veces a capa de area no lugar seleccionado non era o suficientemente profunda como para que puderamos enroscar todo o soporte. Dar con bos lugares que permitiran un bo agarre dos anclaxes levounos un bo rato. Este video é unha mostra do traballo feito.


video