miércoles, 14 de julio de 2010

Telemetría: ciruxía para implantación de emisores

Un dos principias obxectivos do proxecto e o estudio da ecoloxía espacial mediante técnicas de telemetría acústica dalgunha das especies máis relevantes das pesquería da Ría de Vigo. Descartado o uso de emisores externos o seguinte paso e testar e validar a viabilidade da implantación dos emisores na cavidade visceral. Este procedemento precisa da utilización de técnicas cirurxicas. Non é unha metodoloxía nova e utilízase para gran variedade de especies. Algúns dos membros participantes neste proxecto (grupo de ictioloxía IMEDEA) xa o utilizaron con éxito en algunha especie típica do Mediterráneo como Serranus scriba dentro do proxecto ROQUER. Neste magnífico tutorial podemos ver cada un dos pasos a seguir no desenrolo dun experimento de telemetría acústica. Podemos atopar máis exemplos na web (ver link).A pesar de non ser una metodoloxía novidosa, para nos é un reto xa que non estamos familiarizados coa técnia e ademáis será aplicada a una nova especie, Labrus bergylta. Ó aplicarse por primeira vez nesta especie resultaba imprescindible realizar as probas en cautividade para controlar a evolución dos peixes tras a implantación dos emisores (comprobar supervivencia e comportamento). Neste video tratamos de resumir en imaxes todo o proceso cirúrxico de implantación dos emisores. O proceso experimental foi levado a cabo nas instalación do IIM.




Un mes despois da ciruxía os peixes están perfectamente e non presentan síntomas ou comportamentos anormais.


Para todo aquel interesado nos detalles pode ponerse en contacto con nos na dirección de e-mail artevigo@gmail.com ou pode realizar as preguntas que desexe directamente cun comentario no blog.

En próximos post os informaremos de cómo son capturados os exemplares e os primeiros resultados do marcado convencional (ver tutorial), para o que necesitamos a vosa colaboración.


1 comentario: