sábado, 31 de julio de 2010

Cámaras para censos submarinos

Nestas alturas encontrámonos inmersos nunha voráxine de traballo de laboratorio, oficina e campo. Entre outras cousas, estamos a valorar a posibilidade de realizar estimas de densidades de peixes (maragota e pinto) mediante contaxe con cámaras cebadas. O fundamento teórico é simple: o cebo vai atraer un número de peixes, o que nos vai permitir comparar diferentes zonas en función de estes valores, que non son mais que densidades relativas. Son relativas porque non se sabe cal é a área de atracción do cebo, é dicir, os peixes que contemos non saberemos dicir que superficie "ocupan". Isto pódese resolver se calibramos os valores obtidos con cámaras, con valores obtidos con censos con escafandra, que proporcionan valores de densidades absolutas, xa que o mergullador conta os peixes nunha área determinada. A vantaxe das cámaras é que a loxística e muito menor, pódense facer mais réplicas con menos esforzo, o permiten traballar a mais profundidade, entre outras. Tamén tenñen desvantaxes, claro.
Volvendo ó tema, estamos a valorar sobre todo dous modelos de cámaras subacuáticas. A primeira é a JVC Picsio GC-F1 (con caixa Ikelite) moi compacta, graba en HD e de precio asequible:


A outra é GoPro HD Surf Hero, diseñada para deportes de aventura e acuáticos, que tampouco está mal de precio:



En breve teremos que tomar a decisión!

No hay comentarios:

Publicar un comentario