viernes, 23 de diciembre de 2011

Resumo 2011

Agora que acaba o ano deixamos aquí algunhas cifras do proxecto para 2011:
- Fixemos muestreo de 704 pintos e maragotas procedentes das lonxas de Vigo e Bueu, que sumadas as de 2010 fan un total de 1630.(Gracias Alberto e Mar_do_Morrazo)
- Conseguimos marcar 641 peixes na Ría de Vigo, en 7 saídas de pesca, cunha media de mais de 90 peixes por día. (Gracias Fernando)
- Obtivemos 15 recapturas, 4 de pinto e 11 de maragota. (Gracias a todos os mariñeiros)
- Incorporamos emisor acústico a 26 individuos en Cíes, que están sendo monitorizados por 12 receptores.(Gracias Jose)
- Acumulamos neses receptores mais de 9,000,000 de datos.
- En total, fixemos 53 inmersións en 28 saídas, o que suman unhas 70 horas debaixo do mar marcando, observando, filmando, fotografiando ou collendo ovos de pintos e maragotas.(Mais gracias, Jose)
- Consumimos unhas 160 cargas de 15 L de osíxeno a 230 bares, é decir, respiramos uns 500,000 litros de aire a presión atmosférica.
- Procesamos perto de 1200 mostras histolóxicas, que foron observadas no microscopio unha media de 3 veces cada unha. (Gracias chicas)
- Conseguirmos estimar a idade de 630 exemplares lendo os otolitos na lupa (Gracias Mariña)
- Liofilizamos mostras de 4 texidos para un total de 180 individuos seleccionados.
- Queimamos 665 mostras no calorímetro para obter o contenido enerxético.
- Separamos a man uns 20000 ovos hidratados de maragota para calcular a fecundidade parcial de 48 individuos.
- E aprendemos a sacar sangue para analizar o contenido hormonal no plasma de 60 individuos, cuns resultados ben satisfactorios.

2012 promete ser un ano de resultados e conclusións...

¡Feliz Ano do equipo de Artevigo!

2 comentarios:

  1. Moito e moi bo traballo feito e máis e millor por facer.
    Feliz ano.

    ResponderEliminar
  2. parabéns pelo bom trabalho! votos de bons mergulhos e muitos resultados para 2012 : )

    ResponderEliminar