viernes, 2 de abril de 2010

Pesca deportiva

Cando se trata de xestionar as poboacións de peixes litorais, hai que ter en conta todos os factores que están acttuando sobre elas. No caso de estudio que nos ocupa en Artevigo -peixes litorais de Galicia- o maior factor de presión sobre estas especies é a pesca artesanal. Pero estas mesmas especies podénse ver afectadas por outras causas de orixe antropoxénico, que aínda que de menos importancia, teñen que ser avaliadas e consideradas para unha xestión integral dos recursos. Falo por exemplo de alteracións de hábitats esenciais para os peixes, como zonas de reclutamento ou cría, por medio de construccións de portos deportivos ou recheos, e falo tamén da pesca recreativa. A pesca recreativa en Galicia é unha actividade moi popular, que sen embargo está todavía sen cuantificar en canto ó efecto que está a provocar nas poboacións de peixes litorais. Este poderá ser o obxeto de un proxecto futuro para o noso grupo, e só daquela poderemos calcular o peso específico da pesca profesional e deportiva na nosa costa. Noutras zonas de España, isto xa se está a cuantificar (proxectos Roquer e Conflict en Mallorca), e de feito o ano que ven terá lugar en Berlín a 6 Conferecnia mundial sobre pesca recreativa. Deixamos aquí o enlace para quen lle interese.

6th World Recreational Fishing Conference, August 1-4, 2011, Berlin

Conference Theme


1 comentario:

  1. Estades cheos de razón. Unha xestión global ten que ter en conta todos os actores que entran en escea, e calquera mediada que se tome sin esta consideración pode ser erróneo pero sobre todo ineficaz.
    O congreso anunciado pode ser unha cita moi interesante a ter en conta na axenda do ano que ven.
    Enhoraboa polo blog.

    ResponderEliminar