Esta maragota é un macho, sabémolo porque xa pasou polas nosas mans, como demostra a marca blanca que leva na zona dorsal. Leva varias semanas dedicado exclusivamente a cuidar os ovos que as fémias poñen nas pedras que el domina, un comportamento compartido por moitas outras especies da mesma familia como os serráns. Este peixe, e outros, son os causantes de que nos últimos dous meses pasáramos mais de 40 horas debaixo do mar, observando e marcando estes pintos e maragotas e sen perder detalle dos ovos que coidan, como os da foto, neste caso depositados cuidadosamente sobre unha Ulva.
Para o traballo submarino é indispensable que o mar estea practicable, o que non sucede durante gran parte da época reproductiva desta especie, polo que cada día bo hai que aproveitalo. Este é o aspecto que ten un dos sitios que frecuentamos nun día típico de temporal de inverno, como os do pasado febreiro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario