A maragota, un das dúas especies de Artevigo, está agora en plena época de reproducción. Seguirá así ata mediados de Abril, mais ou menos. As maragotas reprodúcense dun xeito algo peculiar, diferente á maioría das especies que conocemos. Elas escollen formar haréns. Os machos, que son os individuos maiores, elixen unha zona atractiva á que pasan a defender e coidar para chamar a atención das fémias que reclutará para o seu harén. Canto todo está listo, a fémia depoista os ovos sobre a superficie da pedra, e o macho encárgase de fertilizalos, coidalos e espantar ós intrusos que poidan querer alimentarse deles, ata que eclosionan e as larvas saen nadando, días despois.
A pesar da experiencia debaixo do mar, observar estes haréns non é facil, hai que ser paciente e observador. Pero se cadra é mais fácil de encontrar os machos ne plena faena de defender unha pedra ou espantar a outros peixes. Hai que recordar que as maragotas son hermafroditas, todos nacen fémias, e logo pasan a machos, canto rondan o kilo de peso.
Moitas especies hermafroditas deciden reproducirse formando haréns. Nesta situación, un macho de maior tamaño reprodúcese con moitas fémias mais pequenas. Mentras a situación se manteña, non se producen mais cambios de sexo, pero se por calquera razón o macho morre (por exemplo se o pescamos), a fémia maior automáticamente activa o mecanismo para convertirse en macho dominante, proceso que pode durar incluso uns poucos días. Aínda que no caso da maragota non o podemos confirmar todavía, todo apunta a que sigue unha estratexia reproductiva deste estilo.
Nestas últimas semanas estamos a bucear en varios puntos da Ría de Vigo en busca destes haréns, cun resultado satisfactorio, pois xa conseguimos identificar varios machos dominantes, e incluso alguna posta de ovos sobre unha pedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario