Un dos obxetivos do proxecto é o estudio da historia vital dos peixes que pesca a flota artesanal.: ecoloxía reproductiva, crecemento, madurez, condición e dieta. Para tal fin estamos a realizar mostraxes frecuentes de abadexo (Pollachius pollachius) e maragota (Labrus bergylta), as dúas especies modelo seleccionadas nesta fase inicial do proxecto.
A maragota, que na súa variante de cor moteada chámase pinto, é a especie mais pescada pola flota artesanal. Non é unha especie obxetivo para ningunha arte en concreto, pero aínda así as descargas nas lonxas superan de largo as 20 toneladas anuais só na ría de Vigo. Pertence a unha familia ben representada en Galicia, os lábridos, como as doncellas e os serráns. Ten un valor comercial medio (en torno a 3 €/kg na variante "maragota" e ó redor de 6 €/kg os "pintos").
É unha especie hermafrodita: todos os individos son femias ó nacer, e pasan a macho nunha fase posterior. Este cambio de sexo está por ver se é determinado xenéticamente ou se infúe tamén a estructura social. Moitos lábridos viven en grupos sociais, nos que un macho pode dominar un territorio e o conxunto de femias que alí habitan (o harén). Cando o macho desaparace, a femia mais preparada vólvese macho para manter a estructura. O tempo dirá se as maragotas seguen este patrón social.
O abadexo (corbelo ou curubelo cando é pequeno) e a outra especie que estamos a tomar como modelo de estudio. É un gádido, como as fanecas, os fodón e os bacallaos. As biomasa de abadexo que se extrae da ría e pasa por lonxa anualmente é do redor das 7 ou 8 toneladas. O valor comercial é alto, con precios en lonxa desde os 6-7 €/kg para os corbelos pequenos, ata os 12-13 €/kg para os abadexos maiores de 3 kg, chegando o seu valor nos mercados a pasar ós 20 €/kg. Isto fai que sexa unha especie atractiva para vender "por detrás", evitando as canles legais de comercialización e rexistro, co cal ás 7-8 toneladas anteriormente mencionadas, habería que sumarlle unha cantidade incerta de biomasa que se escapa das estadísticas. É unha especie obxetivo de artes como o volantín de Baiona (unha variante da volanta), que pesca exemplares a partir dos 1,5 kg na zona de Silleiro, Agoeiro, Carallóns e as Estelas. Os exemplares menores son capturados en zonas mais internas da ría con artes de enmalle como betas ou miños, áinda que en cantidades menos importantes. É un peixe asociado a fondos rocosos, que nalgunhas fases da súa vida forma bancos e noutras é solitario.
Foto cortesía de Jacobo Alonso
Que buen articulo saludos
ResponderEliminar