sábado, 31 de julio de 2010

Cámaras para censos submarinos

Nestas alturas encontrámonos inmersos nunha voráxine de traballo de laboratorio, oficina e campo. Entre outras cousas, estamos a valorar a posibilidade de realizar estimas de densidades de peixes (maragota e pinto) mediante contaxe con cámaras cebadas. O fundamento teórico é simple: o cebo vai atraer un número de peixes, o que nos vai permitir comparar diferentes zonas en función de estes valores, que non son mais que densidades relativas. Son relativas porque non se sabe cal é a área de atracción do cebo, é dicir, os peixes que contemos non saberemos dicir que superficie "ocupan". Isto pódese resolver se calibramos os valores obtidos con cámaras, con valores obtidos con censos con escafandra, que proporcionan valores de densidades absolutas, xa que o mergullador conta os peixes nunha área determinada. A vantaxe das cámaras é que a loxística e muito menor, pódense facer mais réplicas con menos esforzo, o permiten traballar a mais profundidade, entre outras. Tamén tenñen desvantaxes, claro.
Volvendo ó tema, estamos a valorar sobre todo dous modelos de cámaras subacuáticas. A primeira é a JVC Picsio GC-F1 (con caixa Ikelite) moi compacta, graba en HD e de precio asequible:


A outra é GoPro HD Surf Hero, diseñada para deportes de aventura e acuáticos, que tampouco está mal de precio:



En breve teremos que tomar a decisión!

miércoles, 14 de julio de 2010

Telemetría: ciruxía para implantación de emisores

Un dos principias obxectivos do proxecto e o estudio da ecoloxía espacial mediante técnicas de telemetría acústica dalgunha das especies máis relevantes das pesquería da Ría de Vigo. Descartado o uso de emisores externos o seguinte paso e testar e validar a viabilidade da implantación dos emisores na cavidade visceral. Este procedemento precisa da utilización de técnicas cirurxicas. Non é unha metodoloxía nova e utilízase para gran variedade de especies. Algúns dos membros participantes neste proxecto (grupo de ictioloxía IMEDEA) xa o utilizaron con éxito en algunha especie típica do Mediterráneo como Serranus scriba dentro do proxecto ROQUER. Neste magnífico tutorial podemos ver cada un dos pasos a seguir no desenrolo dun experimento de telemetría acústica. Podemos atopar máis exemplos na web (ver link).A pesar de non ser una metodoloxía novidosa, para nos é un reto xa que non estamos familiarizados coa técnia e ademáis será aplicada a una nova especie, Labrus bergylta. Ó aplicarse por primeira vez nesta especie resultaba imprescindible realizar as probas en cautividade para controlar a evolución dos peixes tras a implantación dos emisores (comprobar supervivencia e comportamento). Neste video tratamos de resumir en imaxes todo o proceso cirúrxico de implantación dos emisores. O proceso experimental foi levado a cabo nas instalación do IIM.




Un mes despois da ciruxía os peixes están perfectamente e non presentan síntomas ou comportamentos anormais.


Para todo aquel interesado nos detalles pode ponerse en contacto con nos na dirección de e-mail artevigo@gmail.com ou pode realizar as preguntas que desexe directamente cun comentario no blog.

En próximos post os informaremos de cómo son capturados os exemplares e os primeiros resultados do marcado convencional (ver tutorial), para o que necesitamos a vosa colaboración.


viernes, 28 de mayo de 2010

Buscamos maragotas e pintos marcados


Estamos a punto de empezar o marcado de pintos e maragotas con marcas tipo T, como as da imaxen, na Ría de Vigo. Deixamos aquí o cartel correspondente coa campaña de marcado. Enbreve daremos mais información sobre a mesma.

lunes, 24 de mayo de 2010

Mostraxe biolóxico

Na última mostraxe de abadexo atopamos o maior exemplar ata o momento. Un magnífico exemplar de abadexo macho que superada os sete quilos.

Estes exemplares de gran talla, así coma os máis pequenos, son especialmente valiosos. Tentarei explicar porque.

Dentro do proxecto ARTEVIGO existe unha gran parte dedicada ó potencial reprodutivo das dúas especies obxectivo: abadexo e pinto/maragota. O peixe o compramos directamente nas principais lonxas da Ría de Vigo (Baiona, Vigo, Cangas). A mostraxe lévase a cabo nas instalacións do IIM en Vigo. Ademais de anotar a talla e peso do individuo recollemos mostras biolóxicas de gónada e outros tecidos (fígado e músculo). Tamén gardamos os otolitos. A gónada utilizarase principalmente para determinar o estado de madurez por métodos histolóxicos e para estudios de fecundidade.

Clasificación de los diferentes estados de desarrollo de los oocitos: crecimiento primario (primary growth stage), alveolos corticales (cortical alveoli stage), vitelogénesis (vitellogenic stage), hidratados (hydrated oocyte), folículos postovulatorios (postovulatory follicle), atresi (atretic oocytes).

O peixe non se desaproveita e tras o mostraxe poñémonos en contacto cunha organización benéfica que xestiona un comedor social para que dean boa conta del.



Como diciamos anteriormente as tallas maiores, difíciles de atopar, son especialmente importantes , por exemplo, en estudios de fecundidade. Con estes estudios de fecundidade intentamos definir cal e a curva que describe a influencia do tamaño do individuo na produción de ovos. Polo tanto se temos individuos de moi poucas tallas esta curva será de pouca utilidade. Ademais estes individuos sérvennos para cuantificar de algún xeito a importancia que teñen estes individuos tan grandes para a supervivencia da poboación e o futuro da pesquería.

Para maior información a este respecto recomendo a lectura do seguinte artículo:

"The importance in fishery management of leaving the big ones"

Charles Birkeland and Paul K. Dayton 2005 (TRENDS in Ecology and Evolution)

De este traballo cabe destacar a seguinte afirmación: “[…] The protection of larger or older individuals is necessary for the sustainability of species currently exploited by humans […]”

Certos autores proponen, para lograr este obxetivo, unha xestión baseada na creación dunha rede de reservas mariñas:

"Fisheries Sustainability via Protection of Age Structure and Spatial Distribution of Fish Populations

Berkeley et al. 2004 (Fisheries)

“[…] We examine alternative management measures that address these specific issues and conclude that the best and perhaps only way to ensure old-growth age structure and complex spatial structure in populations of groundfish is through interconnected networks of marine reserves […]” Pero disto xa teremos ocasión de falar en outro momento.

En resumen que non chega coa máis que referida frase de PEZQUEÑINES NON, GRACIAS.

martes, 27 de abril de 2010

Cantidade e calidade

O sábado dous membros do equipo fixemos unha inmersión para localizar puntos quentes de abundancia das especies obxetivo do proxecto. O resultado foi esperanzador, pois demos cun punto de gran abundancia de maragotas e pintos de gran tamaño, e cunha densidade realmente fóra do normal. Poder se unha boa opción para estudios de telemetría, ou incluso de censos submarinos ou estudios de comportamento. Os abadexos, en cambio, seguen desaparecidos nesta época do ano. Non hai manera de conseguilos para os muestreos mensuais. O que si observamos neste (e outras) inmersións, foi unha grande cantidade de corbelo pequerrecho, inmaduros.
Deixamos un video de mostra, a calidade non é gran cousa pero os medios dos que dispomos tampouco dan para moito.
Aproveitamos para agradecer a Christian pola disponibilidade de embarcación.

martes, 20 de abril de 2010

Conferencia Internacional sobre Telemetría de Peixes


O ano que ven terá lugar en Xapón a Primeira Conferencia Internacional sobre Telemetría de Peixes. É un acontecemento importante para todos aqueles que estean a traballar neste campo ou teñan pensado facelo en proxectos futuros, xa que seguro que se exporán as metodoloxías mais novedosas e as empresas fabricantes presentarán as novidades. Nós estamos a punto de empezar coas primeiras probas para fazer seguimiento activo das nosas especies, esperemos poder chegar a tempo á conferencia.
A cita terá lugar na Universidade de Hokkaido, situada na illa do mesmo nome, no norte do Xapón. As datas importantes aínda non están publicadas, pero sí os días da conferencia, que será entre o 12 e o 18 de xuño de 2011.

sábado, 10 de abril de 2010