jueves, 20 de octubre de 2011

¡¡Nova recaptura!!


Este vez no canal de entrada a Baiona. Gracias Gonzalo (patrón do Mar Novo de Panxón)!!!
Trátase de un peixe pequeno, pero que se moveu considerablemente mais que o resto.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Entrega dos 300 euros


Hoxe fíxose entrega do premio de 300 euros a Jose Manuel Lagoa Barral, patrón do buque Airesiña de Cangas, que recapturou unha maragota de 36 cm na cara oeste de Cíes. Agradecemos a colaboración de Efectos Navales Jesús Betanzos e do resto de pescadores que nos devolveron algun peixe marcado. O próximo verán organizaremos un novo sorteo para todas as recapturas dos próximos 12 meses.

lunes, 29 de agosto de 2011

Xa hai gañador

O número da Lotería Nacional do sábado foi o 24135 polo que o gañador do cheque regalo de 300 euros é o buque AIRESIÑA de Cangas. ¡Noraboa!

miércoles, 24 de agosto de 2011

Sorteo do cheque regalo de 300 euros.

Chegou o momento de recompensar á xente do mar que colaborou connosco aportando recapturas de maragota/pinto marcados. En total temos 8 participantes no sorteo dun cheque regalo de 300 euros para gastar no establecemento colaborador Efectos Navales Jesús Betanzos (Bouzas). O gañador será aquel có número de recaptura que coincida co último número da Loteria Nacional deste sábado, sendo os números de cada participante os seguintes. Sorte a tódolos participantes e gracias pola colaboración.

Nombre Codigo Sorteo
Jesús Lopez Méndez (Baiona) 1
Bernardo (Cangas)
2
Julio Reiriz Martinez (Cangas)
3
Paco Alonso (Vigo)
4
Patrón Airesiña (Cangas)
5
Antonio Carneiro (Baiona)
6
José Irisarri (Vigo)
7
Fernando Juncal (Marín)
8

miércoles, 17 de agosto de 2011

Seguen aparecendo maragotas marcadas


No último mes reportáronnos dúas novas recapturas, o que aumenta a 9 o número total de peixes recapturados. Ademáis, onte pasamos a barreira dos 500 peixes marcados, tras unha xornada de pesca na que conseguimos marcar 96 exemplares.


sábado, 9 de julio de 2011

Retoques no experimento de telemetría

A análise preliminar de datos recomedou facer un pequeno reaxuste nas posicións dos receptores. Estas dúas últimas semana fomos a retiralos e poñelos nas novas ubicacións.
Nun día conseguimos recuperar todos os receptores cos seus soportes correspondentes, gracias ó noso compañeiro Alex "Peli" que os atopou e señalizou en apnea facendo mais de 60 picadas ó redor dos 15 metros. Logo, buceadores con botella baixaron para desenrosar os anclaxes do fondo. Os receptores estaban en perfecto estado, non así os anclaxes que tiveron que ser limpados e aplicóuselle unha man de patente para este segundo fondeo. A recolocación foi algo mais custosa e levonos dous días, porque moitas veces a capa de area no lugar seleccionado non era o suficientemente profunda como para que puderamos enroscar todo o soporte. Dar con bos lugares que permitiran un bo agarre dos anclaxes levounos un bo rato. Este video é unha mostra do traballo feito.


viernes, 10 de junio de 2011

Análise de datos

Artevigo está inmerso na análise preliminar de datos de telemetría para as primeiras 6 semanas de experimento. Obtivéronse nese período mais de 1.4 millons de recepcións. En breve teremos os primeiros resultados exploratorios que nos permitiran decidir se temos que facer algún retoque na rede de receptores antes de afrontar o experimento principal, de un ano de duración, ou se a cousa pode seguir como está.
Esta é a pinta que vai tendo a cousa...¡está bastante claro!