miércoles, 25 de agosto de 2010

Difusión del proyecto

De nada vale hacer una campaña de marcado convencional como la que estamos llevando a cabo si el colectivo que presumiblemente recapturará los ejemplares no está al tanto y sabe qué hacer si se encuentra un pez marcado. El Faro de Vigo se hace eco hoy de nuestro trabajo, lo que supone una gran ayuda en la difusión de nuestra actividad.

Ver noticia completa

domingo, 15 de agosto de 2010

Díptico informativo

A semana pasada repartíronse 1000 dípticos como este no entorno da Ría de Vigo. Nel recóllese información sobre a campaña de marcado e soliciítase a colaboración da xente do mar.


domingo, 8 de agosto de 2010

Saída de Pesca

O próximo 28 de Agosto faremos unha saída de pesca de maragota e pinto en colaboración con pescadores recreativos da Ría de Vigo e o Liceo Marítimo de Bouzas. O obxetivo é marcar o maior número de peixes posible no entorno da Ría.
Se sabes pescar maragotas e queres participar, podes poñerte en contacto connosco. Serás de gran axuda.


sábado, 31 de julio de 2010

Cámaras para censos submarinos

Nestas alturas encontrámonos inmersos nunha voráxine de traballo de laboratorio, oficina e campo. Entre outras cousas, estamos a valorar a posibilidade de realizar estimas de densidades de peixes (maragota e pinto) mediante contaxe con cámaras cebadas. O fundamento teórico é simple: o cebo vai atraer un número de peixes, o que nos vai permitir comparar diferentes zonas en función de estes valores, que non son mais que densidades relativas. Son relativas porque non se sabe cal é a área de atracción do cebo, é dicir, os peixes que contemos non saberemos dicir que superficie "ocupan". Isto pódese resolver se calibramos os valores obtidos con cámaras, con valores obtidos con censos con escafandra, que proporcionan valores de densidades absolutas, xa que o mergullador conta os peixes nunha área determinada. A vantaxe das cámaras é que a loxística e muito menor, pódense facer mais réplicas con menos esforzo, o permiten traballar a mais profundidade, entre outras. Tamén tenñen desvantaxes, claro.
Volvendo ó tema, estamos a valorar sobre todo dous modelos de cámaras subacuáticas. A primeira é a JVC Picsio GC-F1 (con caixa Ikelite) moi compacta, graba en HD e de precio asequible:


A outra é GoPro HD Surf Hero, diseñada para deportes de aventura e acuáticos, que tampouco está mal de precio:



En breve teremos que tomar a decisión!

miércoles, 14 de julio de 2010

Telemetría: ciruxía para implantación de emisores

Un dos principias obxectivos do proxecto e o estudio da ecoloxía espacial mediante técnicas de telemetría acústica dalgunha das especies máis relevantes das pesquería da Ría de Vigo. Descartado o uso de emisores externos o seguinte paso e testar e validar a viabilidade da implantación dos emisores na cavidade visceral. Este procedemento precisa da utilización de técnicas cirurxicas. Non é unha metodoloxía nova e utilízase para gran variedade de especies. Algúns dos membros participantes neste proxecto (grupo de ictioloxía IMEDEA) xa o utilizaron con éxito en algunha especie típica do Mediterráneo como Serranus scriba dentro do proxecto ROQUER. Neste magnífico tutorial podemos ver cada un dos pasos a seguir no desenrolo dun experimento de telemetría acústica. Podemos atopar máis exemplos na web (ver link).A pesar de non ser una metodoloxía novidosa, para nos é un reto xa que non estamos familiarizados coa técnia e ademáis será aplicada a una nova especie, Labrus bergylta. Ó aplicarse por primeira vez nesta especie resultaba imprescindible realizar as probas en cautividade para controlar a evolución dos peixes tras a implantación dos emisores (comprobar supervivencia e comportamento). Neste video tratamos de resumir en imaxes todo o proceso cirúrxico de implantación dos emisores. O proceso experimental foi levado a cabo nas instalación do IIM.




Un mes despois da ciruxía os peixes están perfectamente e non presentan síntomas ou comportamentos anormais.


Para todo aquel interesado nos detalles pode ponerse en contacto con nos na dirección de e-mail artevigo@gmail.com ou pode realizar as preguntas que desexe directamente cun comentario no blog.

En próximos post os informaremos de cómo son capturados os exemplares e os primeiros resultados do marcado convencional (ver tutorial), para o que necesitamos a vosa colaboración.


viernes, 28 de mayo de 2010

Buscamos maragotas e pintos marcados


Estamos a punto de empezar o marcado de pintos e maragotas con marcas tipo T, como as da imaxen, na Ría de Vigo. Deixamos aquí o cartel correspondente coa campaña de marcado. Enbreve daremos mais información sobre a mesma.

lunes, 24 de mayo de 2010

Mostraxe biolóxico

Na última mostraxe de abadexo atopamos o maior exemplar ata o momento. Un magnífico exemplar de abadexo macho que superada os sete quilos.

Estes exemplares de gran talla, así coma os máis pequenos, son especialmente valiosos. Tentarei explicar porque.

Dentro do proxecto ARTEVIGO existe unha gran parte dedicada ó potencial reprodutivo das dúas especies obxectivo: abadexo e pinto/maragota. O peixe o compramos directamente nas principais lonxas da Ría de Vigo (Baiona, Vigo, Cangas). A mostraxe lévase a cabo nas instalacións do IIM en Vigo. Ademais de anotar a talla e peso do individuo recollemos mostras biolóxicas de gónada e outros tecidos (fígado e músculo). Tamén gardamos os otolitos. A gónada utilizarase principalmente para determinar o estado de madurez por métodos histolóxicos e para estudios de fecundidade.

Clasificación de los diferentes estados de desarrollo de los oocitos: crecimiento primario (primary growth stage), alveolos corticales (cortical alveoli stage), vitelogénesis (vitellogenic stage), hidratados (hydrated oocyte), folículos postovulatorios (postovulatory follicle), atresi (atretic oocytes).

O peixe non se desaproveita e tras o mostraxe poñémonos en contacto cunha organización benéfica que xestiona un comedor social para que dean boa conta del.



Como diciamos anteriormente as tallas maiores, difíciles de atopar, son especialmente importantes , por exemplo, en estudios de fecundidade. Con estes estudios de fecundidade intentamos definir cal e a curva que describe a influencia do tamaño do individuo na produción de ovos. Polo tanto se temos individuos de moi poucas tallas esta curva será de pouca utilidade. Ademais estes individuos sérvennos para cuantificar de algún xeito a importancia que teñen estes individuos tan grandes para a supervivencia da poboación e o futuro da pesquería.

Para maior información a este respecto recomendo a lectura do seguinte artículo:

"The importance in fishery management of leaving the big ones"

Charles Birkeland and Paul K. Dayton 2005 (TRENDS in Ecology and Evolution)

De este traballo cabe destacar a seguinte afirmación: “[…] The protection of larger or older individuals is necessary for the sustainability of species currently exploited by humans […]”

Certos autores proponen, para lograr este obxetivo, unha xestión baseada na creación dunha rede de reservas mariñas:

"Fisheries Sustainability via Protection of Age Structure and Spatial Distribution of Fish Populations

Berkeley et al. 2004 (Fisheries)

“[…] We examine alternative management measures that address these specific issues and conclude that the best and perhaps only way to ensure old-growth age structure and complex spatial structure in populations of groundfish is through interconnected networks of marine reserves […]” Pero disto xa teremos ocasión de falar en outro momento.

En resumen que non chega coa máis que referida frase de PEZQUEÑINES NON, GRACIAS.